| 17 de maio

Día das Letras Galegas. Maria Mariño 2007

Retrato de Marina Mariño pintado por Alfonso Costa


Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte

Axenda de actos

A Real Academia inicia o seu particular tributo a María Mariño, no Día das Letras, coma sempre nun acto de lembranza da homenaxeada. Desta volta, lévase a cabo unha ofrenda floral no Cemiterio de San Xoán de Seoane e a tradicional sesión plenaria do día 17 desenvólvese na antiga escola de Seoane.

Igual que noutros anos a Real Academia non é a única institución pública que homenaxea a María Mariño, a Consellería de Cultura tamén desenvolve actos de celebración propios e colabora noutros moitos en diferentes lugares do noso territorio.

De seguido relacionamos as celebracións literarias, musicais, plásticas, etc. coas que a os galegos e galegas festexamos a vida e a obra desta poeta noiesa e courelá.

Actos da Real Academia

Ofrenda floral: o día 17 ás 11:30 horas no Cemiterio de San Xoán de Seoane. E sesión plenaria: na antiga escola de Seoane ás 12:30 horas. Interveñen: Darío Xohán Cabana, Rosario Álvarez Blanco, Xosé Luís Méndez Ferrín e o presidente da Academia, Xosé Ramón Barreiro.

Actos da Consellería de Cultura

Cultura en rede: I+C O Pazo de Exposicións e Congresos de Pontevedra acolle, dende ás 17:30 horas do día 10 de maio, a actividade Cultura en rede. I+C: Oportunidades e desafíos para a cultura galega na Internet dentro de Cultur.gal.

Consulta todo o programa.

Portugalizando. A semana da cultura galega en Lisboa é unha iniciativa que se vai desenvolver entre os dias 11 e 19 de maio na capital portuguesa. Banda deseñada, historia, música, poesía... son só algunhas das materias que se tratan e realizan durante a semana das Letras en Lisboa e para que se despraza até alí unha nutrida representación dos e das nosas artistas.

O día 11 inaugúrase na Bedeteca de Lisboa unha mostra sobre banda deseñada galega que abrangue a nosa historia nese terreo dende os anos 70. Ademais da mostra haberá visitas guiadas para todos os públicos e obradoiros de banda deseñada para escolares.

O día 12 a historiadora da Cámara de Lisboa, Gabriela Carvalho, achégase ao roteiro galego de Santo Amaro para falar da chegada dos galegos e galegas á capital portuguesa durante os século XVI e XVII. Ademais Viravolta ofrece un desfile de cabezudos acompañados polas gaitas e a percusión de Treboadas do Baixo Miño. Mentres, na outra beira da cidade o desfile vai da man dos e das estudantes da Escola Superior de Teatro e Cinema que representarán figuras animadas e que van ter a compaña das percusións do proxecto Tocá Rufar do Centro de Arts e Ideias Sonoras. Os dous desfiles conflúen na praza de Camoes para enfrontárense a un desafío. Ao final do día tamén se inaugura a exposición Grandepequeno, miserias, galinhas e cabezudos na Biblioteca do Museu República e Resistência.

O día 13 Mamá Cabra ofrece un concerto para nenos nos que se recitan poemas de Gloria Sánchez, Concha Blanco ou Antonio G. Teijeiro, entre outros.

O día 14 é a xornada dedicada ao noso audiovisual, unha xornada na que se proxectan un total de oito curtametraxes: Carne de cañón de Darío Fernández; Cousas de Kulechov de Susana Rei; Meniña de Daniel Domínguez; Premio de Eva Quintas; Longo sendeiro de pedra de Pablo Millán; Sen chumbo de Jorge Saavedra; A rosa dos ventos de Jairo Iglesias; e A flor máis grande do mundo de Juan Pablo Etcheberry.

Os días 15 e 16 celébranse as xornadas Galicia-Portugal: complicidades e contrabandos; un evento no que se debaterá sobre o patrimonio inmaterial galego-portugués e a relación actual entre Galicia e Portugal.

O 17 de maio o evento fundamental é o recital Reflexos, no que estarán presentes as poetas Chus Pato, Helena de Carlos e María do Cebreiro, e ao que lle poñerá voz Uxía Senlle e son de piano Paulo Borges. Ao remate do día actuará Narf acompañado de Marcos Teira e Pepe Sendón.

O día 18 Xan Leira presenta o seu proxecto multimedia Historias dunha emigración difusa, os galegos en Lisboa, no Centro Galego Juventude de Lisboa, onde terá lugar un xantar galego e, pola noite, a actuación de Candido Pazó, que presenta O espectáculo da palabra.

O día 19 De novo Gabriela Carvalho diserta arredor da Lisboa dos aguadeiros, para o que vai estar acompañada dos gaiteiros Anaquiños da Terra do Centro Galego Juventude de Lisboa, cos que tocarán tamén a Escola de Gaitas do centro e o Grupo de Gaita de Fole de Casa Pía, de Lisboa. Tanxarina leva até aló os seus títeres coa peza Os narigudos e pecha a Semana da Cultura Galega en Lisboa a formación Os Carunchos.

Pan con poesía: Durante 10 semanas esta iniciativa levouse adiante en 10 comarcas e coa chegada do Día das Letras os versos de 10 poetas galegas chegan ás panadarías de Boiro, Noia, Lousame, Porto do Son, Serra de Outes, Carnota, Muros, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Meis, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e O Grove.

En total 1.100 panadarías de 114 concellos galegos ofrecéronlle á clientela bolsas de pan cos versos de: Marilar Aleixandre, Marica Campo, María do Carme Kruckenberg, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Xohana Torres, Eva Veiga e, por suposto, María Mariño.

'A cantiga da costureira poeta': Dende o 16 até o 30 de maio o Coliseo Noela de Noia acolle esta mostra sobre a vida e a obra da poeta. Unha exposición composta por textos de Xosé Agrelo e ilustrada polo pintor Alfonso Costa cun total de 19 paneis de imaxe e 4 paneis textuais.

Actos doutras entidades

A Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física, en Oleiros, celebra unha mostra de banda deseñada do Libro de Bastiagueiro nº 8, Humor e deporte, de Xaquín Marín, do 14-18 de maio .

As actividades desta facultade non quedan aí e o 14 de maio, ás 12:00 hroas, no Salón de Actos preséntase o Plano de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, a cargo de Xosé Ramón Freixeiro, director do Servizo de Normalización Lingüística da UdC. O propio Freixeiro presenta tamén a obra Profesionaliza a túa lingua: deportes.

O peche desta celebración na Facultade de Ciencias do Deporte ten lugar o día 16 de maio, coa presentación do LIbro de Bastiaguerio nº 8 Humor e deporte, de Xaquín Marín, ás 13:00 horas.

A Asociación O Facho realiza unha ofrenda floral. o día 17 diante do monumento a Curros Enríquez, na Coruña, e dedícalle tamén un recoñecemento a María Mariño. Ás 20:00 horas, no local de Paideia na praza de María Pita, Dores Valcárcel fará un percorrido pola vida e obra da noiesa.

Biblioteca Álvaro Cunqueiro, en Damasco (Siria), dedícalle a semana do 12 ao 19 de maio á cultura galega. Durante estes días presentarase alí o Premio de Narrativa Torrente Ballester, que vai contar coa presenza de Luísa Castro, Xesús Constenla e Mercedes Monmany; ten lugar unha mesa redonda centrada na edición e a tradución que conta coa presenza dos editores Manuel Bragado (Xerais) e Moisés Barcia (Rinoceronte) e do escritor Andrés. Barba. Ademais, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño ofrece un concerto no Pazo da Ópera de Damasco e Álvaro Pino protagoniza a charla sobre literatura e deporte.

Lingu@cción 2007 Este evento está organizado por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais e vaise achegar até centros de ensino de Ferrol, A Coruña e Sada. O seu calendario queda do seguinte xeito:
  • o 15 de maio, no IES Saturnino Montojo de Ferrol, dende as 13:30 horas, haberá contacontos arredor da figura de María Mariño.
  • o 16 de maio no CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña, dende as 09:00 ata as 14:00 os nenos e nenas de Educación Infantil gozan da Festa da Palabra; mentres en Educación Primaria desenvólvese o obradoiro Debuxando con María Mariño.
  • o 17 de maio a rúa de Sada acolle de 12:00 a 14:00 o pasarrúas das Letras e no serán, a iso dás 19:00 horas, a Asociación de Veciños 'Os Rueiriños' de Nós convida a Pedro Brandariz a realizar un monólogo.
  • o 19 de maio a festa segue en Sada cun pasarrúas das Letras que arrinca ás 15:00 horas e ao que seguen, de xeito alternativa a animación teatral no Feirón e o roteiro teatral pola vila de Sada; unhas actividades que se estenden até as 19:30 horas.

V Mes de Lingua A Asociación Cultural Alto Minho, en Lugo, celebra un ano máis, e xa van cinco, a súa particular promoción das letras; uns festexos que van do 16 de maio até o 9 de xuño, sempre en horario de 20:00 horas e sempre no Local Social Alto Miño.
  • o 16 de maio o profesor e voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Antón Bao, pronuncia a conferencia Un proxecto educativo e normalizador: as galescolas.
  • o 19 de maio Carlos Solha, profesor de Lingua, escritor e membro da Asociación Verbo Xido, diserta arredor da Mitoloxía popular galega: amuletos, talismáns e obxectos de poder.
  • o 22 de maio é a quenda para Carlos Garrido, profesor e membro da comisión científica de AGAL. O emperador nu ou a premente necesidade de rexerarmos o léxico galego é o título da súa conferencia.
  • o 29 de maio Carlos Barros, director de Novas da Galiza, trata Facer xornalismo en galego-portugués.
  • o 1 de xuño Vítor Lourenço, ex-director do Portal Galego da Língua, e Fernando Vásquez da Asociación Cultural Alto Minho, debaten arredor do Movemento reintegracionista hoxe.
  • o 2 de xuño Xico Paradelo, de BD Banda, introduce o auditorio na Historia da banda deseñada: a banda deseñada en Galicia.
  • o 6 de xuño Xulio López presenta o I Congreso de Educadores Ambientais de Países Lusófonos e Galicia, que se celebra entre o 24 e o 27 de setembro e que está organizado por CEIDA.
  • o 9 de xuño péchase o V Mes da Lingua coa Festa V Aniversario Alto Minho.

Asociación Veciñal San Xoán-Bertón Convoca unha manifestación para o día 17 de maio, ás 12:00 horas na praza de Rosalía de Castro. Unha movilización que apoian, entre outras asociacións, A Revolta de Trasancos e que se moverá baixo o lema Na Galiza Sempre em Galego !! Nós sempre em Galego é Ti ?.

Nos concellos

Tomiño aproveita o 17 de maio para celebrar unha Feira do Libro, entre as 10:30 e as 13:30 horas, na praza do Seixo, onde tamén se desenvolve un obradoiro para os máis novos sobre a elaboración de marcapáxinas. Ademais, o municipio pontevedrés vai contar coa animación musical, nas rúas, da Agrupación Musical Goián e ten programada a celebración da Carreira Popular 'Corre-Anda'.

Pontevedra ofrécelle á súa cidadanía o día 17 pasarrúas que animen a xornada, obradoiros para os máis novos na praza da Ferrería ás 12:00 horas; unha Festa de Lingua á mesma hora na praza da Verdura; a realización dun mural dedicado a María Mariño na praza de Ourense e unha homenaxe, á poeta, na praza Curros Enríquez ás 20:00 horas.

Tui, entre as 12:00 e as 22:00 horas do día 17 de maio o Paseo da Corredoira deste concello pontevedrés acolle a Feira do Libro Galego.




© Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Consellería de Cultura e Deporte

Accesibilidade | Aviso legal