1907
María Mariño Carou naceu un día 8 de xuño de 1907 en Noia, nunha casa da Rúa Cega, cuarta dos cinco fillos de Xosé Mariño Pais, zapateiro, e Filomena Carou Lado, costureira.
1926-1936
Trasládase coa familia a Escarabote (Boiro), onde ten acceso á biblioteca do Pazo das Torres de Goiáns.
1936-1937
Viaxa ao País Vasco, á casa dunha irmá, e vive alí o cerco de Bilbao por parte das tropas franquistas. En 1937 regresa a Escarabote.
1939-1945
Casa en Boiro co mestre Roberto Pose Carballido, con quen en 1945 voltará ao País Vasco polo destino laboral deste. De volta en Galicia, nácelle un fillo que morrerá axiña.
1946-1953
Trasládase a Romeor do Courel, onde en 1947 morre e é soterrada súa nai. Logo instálase en Parada de Moreda, onde vivirá até os seus derradeiros días. En 1953 coñece a
Uxío Novoneyra.
1957-1962
En 1957 inicia a escrita dos poemas cos que compoñerá
Palabra no tempo.
Ramón Otero Pedrayo escribe, en 1960, o prólogo a esta obra.
1963-1965
Na editorial Celta, dirixida por Novoneyra, sae, en 1963,
Palaba no tempo e ese mesmo ano
Ánxel Fole escribe o artigo sobre a súa obra titulado "Grave silencio enchido".
Xosé Luís Méndez Ferrín publica en 1965 dous artigos no xornal La Noche: "A poesía de María Mariño. Un idioma novo" e "A poesía de María Mariño. Un camiño novo".
Remata, tamén en 1965, a escrita de
Más allá del tiempo, libro inédito até este 2007.
1966
Escribe, entre marzo de 1966 e marzo de 1967 o libro
Verba que comenza, que se publicará postumamente en 1990.
1967
María Mariño morre en maio de 1967 e é enterrada en Seoane do Courel.
1982
A Asociación de Escritores en Lingua Galega dedícalle a semana das Letras Galegas.
A revista
Dorna, da Universidade de Santiago, dedícalle unha separata no seu número 3.
1983
A Asociación Cultural Catavento de Noia organiza unha homenaxe á autora.
1990
Verba que comenza ve a luz nunha edición realizada polo Concello de Noia.
A
Trabe de Ouro edita 5 poemas inéditos.
1994
Edicións Xerais tira a
Obra completa de María Mariño, reeditada no 2006.
2006
A Academia Galega acorda dedicarlle o
Día das Letras 2007.
2007
Ano de María Mariño.