| 17 de maio

Día das Letras Galegas. Maria Mariño 2007

Retrato de Marina Mariño pintado por Alfonso Costa


Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte

As mulleres das letras

Logo de corenta e catro anos de Día das Letras, este 2007, ano en que o goberno galego aprobou a Lei do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, dános para reparar en que son unicamente tres as mulleres que contaron con esta homenaxe. E para pensar no poder simbólico que recoñecementos coma este teñen de cara a superar a invisibilidade social en que se atopa a obra de non poucas creadoras de noso.

Un día que comezou para conmemorar os cen anos da publicación de Cantares gallegos, daquela dedicado a Rosalía, figura fundacional, só atendeu a obra escrita por mulleres de volta en 1987, cando foi Francisca Herrera Garrido a escritora elixida e neste 2007, ano de María Mariño.




© Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Consellería de Cultura e Deporte

Accesibilidade | Aviso legal