| 17 de maio

Día das Letras Galegas. Maria Mariño 2007

Retrato de Marina Mariño pintado por Alfonso Costa


Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte

Obra

María Mariño viu editado un libro só, Palabra no tempo, en 1963, cando xa ela pasaba dos 50 anos. Unha das incógnitas dunha vida é, alén da precariedade da edición en galego na posguerra, a que alude aos seus comezos na escrita.

Segundo a testemuña de Uxío Novoneyra, a poeta empezou a escribir no ano 1957, vivindo en Parada do Courel, primeiro en castelán e logo en galego. Nas dúas décadas que van entre 1946 e 1967 compuxo, con certeza, a obra poética en galego que coñecemos.

Outras fontes que apuntan a posibilidade de que María Mariño escribise desde ben antes, entre eles o grupo de estudosos noieses que nos últimos anos levan feito achegas á súa obra, entre eles Xerardo Agrafoxo, ou recentemente o poeta e narrador Fran Alonso.

Paisaxe interior

Sinálase con abonda frecuencia o carácter intimista e a interiorización da paisaxe courelá como os motivos fundamentais da obra de María Mariño, así como a súa asimilación das poéticas de Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro.

Mais debemos tratar de que isto non eclipse outras dimensións que os libros desta autora conteñen: a súa reflexión sobre a identidade transcende os marcos da etiqueta "intimismo", algo xa dito por Méndez Ferrín no seu artigo do ano 1965 en La Noche: "Son a suma total / daquel que foi medindo / a pegada aquela que non digo, / pegada que soia se puxo o meu nome. / Son resta de esperanza –diferencia quedou-. / Multiplicada xa nacín, / pra que dividirme agora?".

O mesmo podemos dicir para a reflexión sobre a linguaxe, para a dimensión metapoética, sen máis ca repararmos en dous títulos que non poden por acaso conter "palabra" e "verba": "A onde irás dar miña verba si che guindo desta altura? [...] / Ouh, amigo! / Déixame, / Déixame túas redes que pousan / ás túas medras. / Escaleira teu erguer en / intre baixo o tempo, / fogueira que non se apaga, / déixame no teu medrar quedo –verba que nace soia-, / déixame, / déixame eiquí.




© Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Consellería de Cultura e Deporte

Accesibilidade | Aviso legal